Día mundial do MEDIO AMBIENTE

Aparte

Día mundial do

MEDIO AMBIENTE

Esta actividade vai dirixida ás persoas usuarias do Centro que voluntariamente queren realizar a actividade interxeracional do día mundial do medio ambiente, 5 de xuño.
Dende o Centro Interxeracional de Ourense queremos realizar este tipo de eventos, con actividades como esta na que podemos gozar da compañía de compañeiros e compañeiras, na que tamén interactuamos cos nenos que alí se atopan, rompendo cos estereotipos relacionados coa idade e empoeirando as persoas maiores.
A saída realízase ó colexio Mariñamansa, que se atopa na contorna do Centro. Con anterioridade comunícase as persoas usuarias a realización desta actividade, participando aquelas persoas que así o desexen.
As actividades que realizamos son colaboradoras e de intercambio de coñecementos.
Traballamos habilidades cognitivas, de motricidade fina e habilidades sociais e de comunicación. Ademais, foméntanse valores de coidado do medio ambiente.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Un cafeliño en Begonte?

Aparte

Un cafeliño en Begonte?

As saídas e actividades fóra do centro son un estímulo motivador para moitas persoas usuarias do centro, sobre todo despois da vivencia do confinamento a raíz da COVID e restricións derivadas desta experiencia. As relacións sociais con veciños, persoas do pobo normalizan o seu día a día sendo partícipes da vida social do pobo e membros da comunidade.

As persoas usuarias que desexan participar nesta actividade pasean acompañadas por dúas traballadoras do centro ata unha das cafeterías do pobo, achegada ao Centro de día. Unha vez alí cada persoa usuaria pide a consumición que desexa. Durante o café foméntase a comunicación e a charla distendida entre as persoas usuarias e con persoas do pobo e do bar.

42
Se che gustou podes compartirlo en: