Quen SOMOS?

Abrimos este blog coa ilusión de crear un espazo común para as persoas usuarias dos centros de día, así como para as súas familias e os profesionais que en eles traballan, neste momento que estamos cada un na súa casa. Damos a todas e todos a calurosa benvida a esta ferramenta do Departemento de Xerontoloxía, que sen dúbida vainos permitir manternos conectados e activos, sentíndonos parte dun proxecto común e dunha familia moi ampla.

Neste espazo, iranse poñendo diferentes propostas: de actividades para desenvolver na casa, ca mente e co corpo, guías de coidados, vídeos creados por diferentes centros, propostas conxuntas para toda a rede, e un longo etcétera.

Todo isto xa ten moito andado e desenvolto posto que os profesionais dos centros non deixaron nin un so día de pensar en como mellorar a vida das persoa usuarias e das súas familias coas que teñen contacto telefónico moi frecuente.

Para elas, un sentido agradecemento. Para as persoas usuarias e familias, grazas por seguir aí con entrega e desexo de volver a estar xuntos.

Nos presentamos

Somos un grupo de profesionais xerontólog@s que desenvolvemos a nosa tarefa profesional nos centros de atención as persoas maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social.

Temos a inquedanza de proporcionar material as persoas maiores que están nos seus domicilios, e que queiran facer algún tipo de actividade nos ámbitos físicos, funcionais, cognitivos, de entretemento, ou outros, así como proporcionar información que poida ser do seu interese.

Así, aglutinamos material que nos envían as profesionais da Rede de Centros de atención as persoas maiores, e creamos outro para poder poñer a disposición non só das persoas maiores, senón tamén das súas familias.

Formamos un grupo profesional no que se mesturan e enriquecen varias disciplinas, o que nos prove dunha aínda maior motivación e ilusión para o desenvolvemento deste proxecto.

Dende o sur ao norte, ou dende o norte ao sur, dende o leste ao oeste ou viceversa, vimos dende o centro de día de As Neves, a psicóloga Sandra Rodríguez Vazquez, dende o centro de día de Cabana de Bergantiños, a educadora social Cayetana Nuñez Viscasillas, dende o centro de día de Pantón, a fisioterapeuta Ana Manso Rodríguez, dende o centro de día de Ribadeo, a fisioterapeuta Sandra Saavedra Blanco, dende o centro de día de Abadín, a Terapeuta Ocupacional Vanessa Hermida Carballeira, dende o centro de día de Sada, o fisioterapeuta Emilio Carro Meana e a Terapeuta Ocupacional Paula Pérez Torres, e dende os servizos centrais do Consorcio Galego, a psicóloga Loli Neira Souto e a traballadora social Ledicia Castro Ansede.

Ademais de de todas as profesionais xerontólogas dos centros de día que nos fan as súas achegas sen as que este blogue non sería posible. Gracias

2
Se che gustou podes compartirlo en:

13 Respostas a “Quen SOMOS?”

  1. BRASIL
    Ahhhh que riqueza de blog ❤
    Material muito lindo,rico,de fácil leitura,ajuda, num momento tão difícil de distanciamento /isolamento. O respeito,carinho,
    empatia,humanidade com que são tratados, num ambiente saudável,é o que merecem pra desfrutar os anos de vida,com qualidade e felicidade. Enfim….o que idealizamos para todos os idosos,mas infelizmente não é a realidade por aqui. Parabéns pelo lindo trabalho! Sei o quanto é trabalhoso lidar com tantas e diversas histórias de vidas,através de uma equipe multi,inter e transdisciplinar. Parabéns e muito obrigada por compartilhar comigo o lindo trabalho. Sucesso ❤🍀🙏

  2. Noraboa polo traballo a este equipo de profesionais da xerontoloxia. Un blog cheo de contidos cun enfoque cara o respecto por todas as personas sexan personas usuarias sexan familias sexan profesionais. O que sinto ao ver isto e orgullo de pertenecer ao colectivo de profesionais da xerontoloxia.

  3. O meu agradecemento a todo o traballo e esforzo que supuxo crear este blogue dende o confinamento.
    Logros tan grandes só saen da calidade pas persoas e profesionais que aquí deixan un pedaciño de si.
    NORABOA, decir tamén, que me sinto orgullosa de traballar neste GRAN EQUPO.

  4. Hace falta blogs como este para ayudar a los mayores, a las familias y para proveer de ideas gerontológicas a los profesionales. Buen trabajo que seguiremos con entusiasmo desde nuestro país.

  5. Pónseme un sorriso na cara ao entrar neste blog. Canto esforzo e traballo ben feito para non perder de todo o traballo feito tempos atrás! Noraboa.

  6. Sementando un bó producto non hai que terlle medo á colleita. Auguro un grande éxito para este blog. Noraboa a tódolos profesionais implicados por facelo posible co seu esforzo e dedicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*