MALABARISMO FUNCIONAL NO CENTRO DE DÍA DE FERROL ESTEIRO

O Centro de Día de Ferrol – Esteiro desfrutou o mércores 13 de abril dunha actividade de entretemento e estimulación novidosa grazas a colaboración da Asociación “Circus Magníficus”. Trátase do MALABARISMO FUNCIONAL, que baseándose nos aspectos positivos para a saúde mental que ten o malabarismo, adaptan ditos xogos a través de recursos propios, como son as táboas de pelotas malabares (“Juggle Board”) para facelo de forma horizontal (Referíndose desta maneira, tanto a forma de traballar, como ao alcance da metodoloxía, xa que a horizontalidade do proceso fai que poida chegar a todos e todas indistintamente das nosas características persoais).

Os educadores Samuel e Marino foron os guías neste proceso de ensinanza – aprendizaxe – intercambio, os cales buscaron, adaptándose ás diferencias individuais de cada usuario, estimular a súa motricidade, capacidade creativa e intelectual, así como o sentimento de valía e superación; e todo elo nun contexto de integración social e lúdica. A través de variados exercicios, e cun descubrimento guiado, traballaron a resolución de problemas.

A valoración xeral foi moi positiva, xa que se observou unha participación activa de todos usuarios, tanto pola novidade da actividade, como pola forma de presentala e explicala; e a través do xogo, que cualificaron como divertido, e cun afán de superación, foron avanzando no aumento de dificultade dos xogos de malabarismo.

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Unha resposta a “MALABARISMO FUNCIONAL NO CENTRO DE DÍA DE FERROL ESTEIRO”

  1. Todo un honor poder compartir o noso tempo cunhas persoas tan marabillosas como os usuarios e usuarias do Centro, así como coas persoas traballadoras do mesmo.

    Agradecemos a oportunidade de poder presentar este traballo tan novidoso, e agardamos volver a repetir a experiencia.

    Un saúdo