No centro de día de Abadín comezamos o 2022 cheo de actividades. Este artigo recolle aquelas que realizamos trimestralmente, de xaneiro a marzo. Queremos dar a coñecer e achegar á poboación, ós centros de día da rede e familias os distintos obradorios que se levan a cabo. Isto é unha pequena mostra de todas as actividades que fixemos ó longo destes meses.
Comezamos o mes de xaneiro coa visita de Melchor, Gaspar e Baltasar, que pasaron por Abadín o día 5 de xaneiro. Todos nós coincidiamos en pedirlles saúde e que se acabara a pandemia pero, aínda así, decidiron darnos agasallos para todos, pese a que algúns mereciamos carbón…
Antes de marchar rematamos a visita cun baile de TikTok coas súas maxestades. O vídeo podédelo ver no Progreso A Chaira a través da seguinte ligazón:
https://www.facebook.com/watch?v=14094261294774158
No noso centro de día fomentamos e achegamos a lectura fácil ás nosas persoas usuarias a través dunha ampla biblioteca en ambos andares con libros adaptados ás súas capacidades, gustos e preferencias. Temos libros de distintos tipos, en castelán como en galego, con letras máis grandes ou pequenas, libros máis visuais e de distintos xéneros. Esta biblioteca atópase en cada andar e está a disposición deles para que a través dunha actividade significativa e de interese ocupen o seu tempo de lecer no centro e no seu domicilio.
No ano 2021 participamos nos premios de boas prácticas organizados pola “Associación de Lectura Fácil” de Barcelona. Resultamos ser os gañadores e no mes de xaneiro fixéronnos unha entrevista para coñecer un pouco máis o noso proxecto. O xurado destacou:
- O diseño integral do club.
- A campaña de difusión en redes: non somos nenos pero tampouco menos.
- O uso da lectura durante a pandemia.
Agradecer á asociación o premio. Seguiremos dando vida a este tipo de proxectos contando coa vosa colaboración. Deixámosvos o vídeo da entrevista e unhas fotos do actual proxecto.
O entroido é unha festa de carnaval en Galicia cunha longa tradición popular, con tintes particulares e diferenciados entre as diversas localidades. Por iso, convidamos durante o mes de febreiro ós distintos centros de día da rede a participar no “I CONCURSO DE MÁSCARAS DO CAPM DE ABADÍN”, elaborando unha máscara en representación do seu CAPM.
As bases do concurso consistían en enviar unha foto da máscara realizada ó correo electrónico do noso centro. Todo iso acompañado dun pequeño relato reflexando como se celebra o entroido en cada localidade participante. Posteriormente, a votación da máscara gañadora realizouse a través do reconto de votos das persoas usuarias do CAPM de Abadín. Resultou galardoado o CAPM de Chantada que tivo un agasallo sorpresa. Destacar que a votación non foi doada xa que todas as máscaras merecían gañar. Grazas a todos os centros da rede pola súa implicación e colaboración. O noso CAPM tamén enviou a súa máscara para disfrute de todos os participantes aínda que, non participabamos no concurso e ademais achegamos un pequeno relato de como se festexa na Terra Chá. VIVA O ENTROIDO!
O pasado día 25 de febreiro conmemoramos o décimo terceiro (12+1) aniversario do centro de día, rememorando todo o vivido durante estes anos, tanto por parte das persoas usuarias como das traballadoras. Para a celebración do mesmo realizamos un “Preguntas e respostas” co obxectivo de fomentar a expresión das emocións e reminiscencias de acontecementos vividos ó longo destes anos. Preparáronse 12+1 sobres xa que en Abadín non somos supersticiosos e cada persoa usuaria debía escoller un número e posteriormente responder á pregunta plantexada. Deixámosvos algunas das respostas das nosas persoas usuarias:
- Que significa para ti vir ó centro de día?
Benita: “Estou moi contenta de vir ó centro de día e de estar con vosoutras, de hoxe nun ano”.
- Que é o que máis che gusta de vir ó centro de día?
Felicitas: “O que máis me gusta de vir é que somos como unha familia”.
- Recomendaríaslle a alguén vir ó centro?
Albina “Recomendaríalle vir a todo o mundo que teña só porque aquí coñécese xente, falas con uns e con outros, facemos actividades e as traballadoras son moi amables e dannos todo ó xeito. Eu levo menos dun ano aquí e espero celebrar o seguinte”.
Agradecer tanto as persoas usuarias, familias e traballadoras a súa implicación, colaboración, vocación e profesionalidade durante estes anos percorridos. Sen vós esto non sería posible!
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8 DE MARZO
Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8M), conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu crecemento íntegro como persoas en plena igualdade. Por iso, propuxémoslles ós distintos centros de día da rede unirse á iniciativa que consistía en responder á seguinte pregunta:
“VENDO COMO CAMBIOU O PAPEL DA MULLER NA SOCIEDADE, QUE LLE DIRÍAS Á MULLER DE HOXE?”
Grazas ós centros que se uniron á iniciativa. Elvira, persoa usuaria do noso CAPM respondeu: “Que vista como poida e queira”.
Para rematar a semana do 8M realizamos coas persoas usuarias o baile viral de TikTok das Tanxugueiras. Durante toda a semana non paramos de ensaiar o baile!
Previo á gravación a través dunha presentación Power-Point ensinámoslles quenes son as Tanxugueiras, de donde son, os seus inicios e a súa participación no concurso de Eurovisión. Pola tarde, gravamos o vídeo do baile en cada un dos andares.
Agradecer ás persoas usuarias, familias e traballadoras colaborar co dress code do baile (vestir de negro) quen así o desexara, e a implicación para a realización da maquillaxe característica. FELIZ DÍA A TODAS!
O MAGO RAFA
O pasado martes 22 de marzo visitounos o Mago Rafa, que pertence á Fundación Abracadabra de magos solidarios. A Fundación leva máis de 15 anos regalando maxia a quen máis o necesita. Actualmente, dita fundación está realizando un proxecto en Galicia de maxia solidaria con persoas maiores a través da empresa Inditex e decidimos poñernos en contacto con eles para que nos fixeran un espectáculo.
Rafa realizou dous pases no centro de día e non o puidemos pasar mellor. Moitas grazas Rafa por levar a maxia, alegría e ilusión ó noso centro xa que este tipo de proxectos son moi necesarios e facedes unha gran labor cos nosos maiores e co resto de colectivos. Ogallá non tardar en volver a verte por Abadín. Foi un pracer!