Día Internacional da Muller dende o centro de día de FERROL CARANZA

No día 8 de marzo conmemorase o Día Internacional da Muller, adoptado pola Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas o 16 de decembro de 1977, co obxectivo de eliminar toda forma de discriminación cara as mulleres, promover o seu empoderamento e conseguir a plena participación na sociedade.
No centro de día de Ferrol-Caranza celebrouse o 8M, con varias actividades;
-Decoración do centro, as persoas usuarias que o desexaron realizaron unha pequena homenaxe a mulleres importantes da súa vida, realizouse un pequeno mural con fotos e mensaxes para mulleres ANÓNIMAS para a gran maioría pero IMPRESCINDIBLES para as usuarias: nais, irmás, avoas, fillas.. que deixaron unha pegada moi importante na vida das protagonistas.
-Manifesto 8M, concluímos a xornada coa lectura do manifesto do 8M para reivindicar a igualdade, os dereitos , o empoderamento e a importancia da muller na sociedade actual.

26
Se che gustou podes compartirlo en:

Unha resposta a “Día Internacional da Muller dende o centro de día de FERROL CARANZA”