DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, DAS NOSAS E DE TODAS DENDE O CENTRO DE DÍA POBRA DO BROLLÓN

Para celebrar o 8M tíñamos pensado participar nas actividades que organizaban os SSSS do Concello de A Pobra, por mor da choiva non foi posible e celebrámolo no propio centro.

Persoas usuarias e persoal elaboramos un mural en forma de lazo cos lazos e números 8 que previamente coloreamos de morado. Nos lazos que cada persoa usuaria e traballadora coloreamos quixemos escribir o nome de mulleres importantes, mulleres que de algunha forma influíron nas nosas vidas, posteriormente, a vez que creábamos o lazo conxunto, compartíamos, si así o desexábamos, as nosas emocións e agradecementos cara esas mulleres que quixemos homenaxear. O resultado foi un lazo ben bonito e sobre todo, de moito valor.

A tarde realizamos un café-coloquio na biblioteca do centro, e mentres degustamos café con bica típica da Pobra do Brollón, sentadas ó redor da mesa, falamos e opinamos sobre o feminismo, e sobre as obras e vivencias de mulleres que loitaron pola igualdade dende 3 ámbitos diferentes: Rosalía de Castro, Clara Campoamor e Simone de Beauvoir.

A Educadora Social e unha das Traballadoras Sociais do concello, xunto co concelleiro de Cultura, acudiron ó centro para facernos entrega a cada unha (usuarias e traballadoras) dunha bolsa de tea moi especial, onde veñen plasmadas unhas bonitas verbas da poetisa pobrense Noa Moreira: “Ser sempre esta que son, a que quero ser”. Tamén, compartiron o noso traballo co resto da comunidade, a través de varias publicacións nas redes sociais do concello.

A xornada foi moi ben valorada por todas as persoas usuarias, que se amosaron moi implicadas e atentas en ambos talleres. Ademais resultou ser unha actividade con moito sentimento e moi emotiva, e serviu para abrirnos e coñecernos mellor a nós mesmas e a outras usuarias e compañeiras, a través de diferentes confesións sobre “as mulleres das nosas vidas”. Tamén nos gustou moito que as redes sociais do Concello e un xornal comarcal se fixeran eco das nosas actividades. Poden verse nos seguintes enlaces:

https://www.instagram.com/guimaralia/

https://galiciaxa.com/2023/03/rsxa/zonas-rsxa/pobra-brollon-rsxa/198249/

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.