CELEBRACIÓN “DÍA DA MULLER” DENDE O CENTRO DE DÍA DE SANSADURNIÑO

O 8 de marzo conmemorase o día da muller en todo o mundo, este día ven a rememorar a loita das mulleres polo recoñecemento e exercicio efectivo dos seus dereitos. Un día para reflexionar sobre como se avanzou como resultado da loita das mulleres e tamén para non esquecer que a loita debe seguir.

No centro co fin de promover o empoderamento das mulleres, reflexionar sobre a importancia deste día, recordar ás mulleres que para as persoas usuarias/profesionais foron importantes e por qué motivo o foron levouse a cabo unha actividade que consistía na creación dun mural coa figura dunha muller representativa deste día e, todos aqueles/as animados/as a participar, debían escribir nun papel unha dedicatoria a aquela muller que para eles/elas significou un fito na súa vida (pola súa loita, pola súa dedicación, polo seu traballo,…).

A idea da figura da muller foi vestila con bolboretas, as bolboretas representan un símbolo de transformación constante, son sinónimo de perseveranza que se reflexa nos miles de quilómetros que recorren ata que logran a súa meta.

Así mesmo, como símbolo para conmemorar este día, confeccionáronse broches de flores para levar colgados durante dito día e como agasallo a todas as mulleres do centro.

Existiu unha boa participación por parte tanto de persoas usuarias como profesionais. Participaron activamente os días previos á celebración para a realización dos broches e do mural coa figura da muller representativa deste día e para encher o mesmo con frases/dedicatorias significativas e especiais neste día para aquela e aquelas mulleres que eles/elas decidiron.

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.