A feira da vila supón un lugar de encontro para a veciñanza, de intercambio cultural e de vivencias, así como tamén, un espazo para o comercio, onde poder traballar actividades instrumentais da vida diaria ,como por exemplo, o manexo do diñeiro.
No noso pobo o mercado celébrase todos os mércores e os sábados. Decidimos saír ata alí, xa que o tempo nos acompañaba.
As persoas usuarias desfrutaron desta saída, socializando coa veciñanza que facía tempo que non vían, ollando a exposición de variedade de produtos téxtiles e gastronómicos, entre outros.
Aproveitouse tamén para ir á praza de abastos, onde as persoas usuarias refiren que lles gusta moito ir, xa que saben de primeira man, a boa calidade que hai, tanto na carne coma no peixe.
A continuación amosámosvos unhas imaxes da nosa saída.
Animámosvos a vir visitar o mercado de Cambados!
0