Entroido no CAPM Cambados

A celebración das datas sinaladas é fundamental para diversas esferas dentro da vida das persoas maiores. Fomentan a orientación temporal e espacial, así como tamén, favorecen un ambiente distendido e cálido no Centro de Día, que reforza o papel das persoas maiores e mellora o seu estado de ánimo e autoestima.

Decidimos celebrar o entroido, disfrazándonos de chulapas e chulapos , convidamos ás familias a pasar a mañá festexando connosco. Para os disfraces das mulleres precisábamos unha touca de flocos, un pano branco e un caravel. Neste momento tamén traballamos o autocoidado maquillando as persoas usuarias que o desexaran, xa que referiron que era unha actividade significativa para elas. Os homes levaban un chaleco, un pano ao pescozo e unha boina.

Aproveitamos tamén para elaborar sobremesas típicas destas datas como son as flores de entroido.

A continuación ensinámosvos os nosos disfraces!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.