Entroido no CAPM Ferrol Caranza

O Entroido, é unha das celebracións máis esperadas do calendario festivo galego por tratarse dunha festa con larga tradición popular onde os roles invírtense.
Ademais trátase dunha actividade significativa para as persoas usuarias, xa que moitos deles celebraron esta festividade durante toda a súa vida.
Este ano o MECO visitou o centro de día de Ferrol-Caranza con unha serie de mandatos.
Día 15/2/2023 . “Hoxe non desentones , faille caso ao MECO e contigo trae moitas cores”
Día 16/2/2023 “Ademais de moitas cores, deberás traer algo con flores”
Día 17/2/2023 Ademais de moitas cores e flores, o MECO quere ca túa cabeza con algo decores”
O entroido foi todo un éxito cunha grande participación de persoas usuarias e traballadoras. O Meco no caso do centro de día de Ferrol-Caranza é un boneco ; un porquiño que se atopa na entrada do centro e da indicacións de como se debe de vir vestidos. Se seguimos os seus consellos acabaremos con un fermoso disfrace.

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.