No centro de día de Dodro este ano volvemos celebrar a Gala do Cine na que entregamos os Premios Laíño, edición 2023. Nesta ocasión as nomeadas foron:
Na categoría de mellor película española:
– Laura por La casa de los Martínez.
– Magdalena por Historias de la televisión.
Na categoría de mellor actriz:
– Benedicta por Psicosis.
– Oronsida por Lo que el viento se llevó.
Na categoría de mellor actor:
– Gina por Una noche en la ópera.
– Fina por Una noche en la ópera.
– Joaquín por El bueno, el feo y el malo.
– Fernando por El bueno, el feo y el malo.
– José por El bueno, el feo y el malo.
Na categoría de mellor musical:
– Peregrina G. por Cabaret.
– Sofía por Cabaret.
– Peregrina D. por Grease.
– Marina por Grease.
– Ángel por Grease.
Mención especial:
– Carmen A. por El mago de Oz.
Foi un éxito rotundo de participación tanto de persoas usuarias como de traballadoras e familiares.
Unha alfombra vermella no paseo da fama recibía aos familiares que se animaron a acudir como público para desfrutar das actuacións estelares que tiñamos preparadas. Unha vez máis o centro converteuse nun auténtico cine con todos os detalles, onde as actrices e actores (14 usuarios, 14 traballadoras e 7 familiares) recibiron o recoñecemento de tan estimado público.
Gracias a todas as persoas que o fixestes posible e a todas as asistentes e participantes.
5
Noraboa a tódolos participantes, especialmente aos Maiores que se animaron a saír da rutina e botar unhas risas que fan moita falla. Todo esto non sería posible sen a ilusión e a implicación das traballadoras do Centro … un forte aplauso para todas elas e afortunados os Maiores de ter un persoal que realmente os coida tanto no físico, coma no emocional, que é igual de importante. Un saúdo.
Fantástico, como currades,e como conseguides que se involucren,sodes autentic@s tod@s, NORABOA 👏👏👏👏
O que mais me gustou foi o de Psicosis(Benedicta).Sodes unhas artistas, gracias por facernos partícipes do carnaval.