CHI KUNG NO CENTRO DE DÍA DE CULLEREDO

No Centro de Día de Culleredo temos a gran sorte de poder estar aprendendo e beneficiándonos dúas veces por semana do CHI KUNG.

O CHI KUNG é unha práctica milenaria que, a través de movementos moi suaves combinados coa respiración aporta saúde e benestar.

A nosa instrutora é Ana Freire, filla dun usuario do noso centro, que de forma altruísta e desinteresada se ofreceu a iniciarnos nesta técnica que ela leva practicando dende hai case 20 anos.

¡É TODO UN AMOR!

É unha práctica que está especialmente indicada para idades nas que os anquilosamentos, artroses ou o reuma diminúen a capacidade física.

Ana está sorprendida dos rápidos avances do noso grupo nesta práctica, na que melloran sesión tras sesión.

¿Coñeciades esta práctica milenaria?

21
Se che gustou podes compartirlo en:

3 Respostas a “CHI KUNG NO CENTRO DE DÍA DE CULLEREDO”

  1. Son fenomenales! Adáptanse de maravilla a todo o que se lles propón! Non deixan de sorprendernos!!!! Noraboa a Ana polo que estás a aportarlles, e agradecemento eterno.

  2. Pero que maravilla!!sin duda,un momento de disfrute para todos os nosos mallores!

  3. Estoy tremendamente orgullosa de mis chicos. Si hiciéramos el vídeo hoy, veríamos q han avanzado mucho desde que se grabó. Gracias al centro y gracias a ellos por permitirme que los guíe en la pràctica.