Taller de cociña dende o centro de día de Cospeito

O centro de día de Cospeito está cheo de artistas que decidiron explotar a súa vea culinaria e preparar unhas ricas galletas de chocolate para a merenda.

Así, ao longo de dous días, dividímonos en dous grandes grupos e pesamos os ingredientes, mesturámolos, amasámolos e démoslles forma. Quedáronnos unhas galletas que estaban para chuparse os dedos, mágoa non ter feito máis!

Tan contentos quedamos co resultado que de seguro non tardaremos en repetir en probar con algunha outra receita!

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.