Saída á Fundación Terra Termarum Castrolandín dende o centro de CUNTIS

Aparte

Saída á Fundación Terra Termarum Castrolandín dende o centro de CUNTIS

A principios deste mes de Xuño, algunhas das persoas usuarias do CAPM Cuntis acudiron á Fundación Terra Termarum Castrolandín do pobo a coÑECER un pouco máis sobre a historia dos castros de Castrolandín e a deseñar e construír cerámica castrexa con arxila.

O obxectivo desta actividade foi fomentar a participación das persoas usuarias de maneira activa na comunidade e facilitar o recoñecemento e o valor cultural e histórico do pobo no que se insire o centro.

Para levar a cabo esta actividade, necesitaron arxila, espátulas de madeira para traballala, auga, barbotina para pegar as diferentes partes e forno para cocer.

Deixámosvos unhas fotos da súa experiencia, a cal desfrutaron moito e puideron levar todo o construído por eles para as súas casas.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Día nacional das linguas de signos dende o centro de Baiona

Aparte

Día nacional das linguas de signos dende o centro de Baiona

Os días 7 e 27 de xuño o Centro de Día de Baiona desfrutou dunha masterclass de lingua de signos con motivo do día nacional das linguas de signos españolas (14 de xuño). A actividade foi desenvolta por Miriam Aller, traballadora do servizo de interpretación e formación Entresignos do Concello de Nigrán, que a maiores de ensinarnos códigos básicos para poder comunicarnos cunha persoa con sordeira, trouxo tamén as mochilas vibratorias coas que conta o Concello para que as persoas con problemas auditivos poidan “sentir” os concertos musicais.

A través desta actividade traballamos a expresión, a configuración xesto – espacial e a percepción visual, rematando cunha estimulación sensorial a través do uso das mochilas vibratorias. Con todo isto, foi unha actividade que tamén nos permitiu coñecer os recursos cos que contamos na nosa contorna. Os maiores con problemas auditivos máis graves desfrutaron moito de volver “sentir” de novo a música.

2
Se che gustou podes compartirlo en: