San Xoán nos centros

Aparte

Noite meiga de San Xoán

O festexo de San Xoán é unha das celebracións máis típicas de Galicia, por iso a noite meiga non pasa desapercibida nos nosos centros. Aquí deixamos algún exemplos:

Centro de día de MUROS

Como cada ano, no centro de día, queremos espantar a todos aqueles males que nos poidan vir, porque xa temos de abondo, así que, a nosa bruxa fixo a queimada, co seu correspondente conxuro, mencionándoos a todos: sapos, bruxas e curuxas, demos, trasnos e diaños,… incluso os peidos dos infames cus… e ao remate, brindamos cun chopiño desa poción, ao berro de: MEIGAS FORA!!!

Centro de día de ABADÍN

O pasado xoves 23 de xuño, celebramos o San Xoán como cada ano. A noite de San Xoán ou Lume Novo é unha data moi significativa para todas as persoas usuarias. É unha das festas máis importantes. É de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos con pela e a broa de millo son as protagonistas. Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición e por iso nós espantamos os males recitando o conxuro, saltamos a fogueira, puxemos o ramo de herbas de San Xoán na porta do centro coa finalidade de protexernos das meigas. Tamén lavamos a cara con auga de rosas e desfrutramos cun menú e merenda especial. Ademais durante a mañá desfrutamos da exposición das alfombras florais realizadas durante esa semana e tivemos unha actuación musical a cargo dos nosos amigos de Cospeito na cal non paramos de bailar cancións tradicionais galegas. Pasámolo xenial!

Centro de día de BEGONTE

O San Xoán é unha celebración tradicional en Galicia que non podía faltar nos centros de maiores. Axuda a orientarse espazo temporalmente e a seguir ritos que as persoas usuarias tiveron durante toda a súa vida. Ademais, é unha actividade de lecer para elas. No centro de día de Begonte gozamos dunha actuación parte das traballadoras, dun baile con música en directo a cargo dos “Amigos da Música” de Guitiriz e dun simulacro da tradicional queimada con escenificación do conxuro da queimada.

Os participantes desfrutaron da celebración tanto o vernos actuar ás traballadoras como meigas como da música en directo (bailaron, cantaron, aplaudiron, aturuxaron…)

Centro de día de OIMBRA

Nesta celebración do San Xoán, no centro de día de Oímbra, fixemos unha fogueira e recitamos un conxuro para espantar os males, queimamos os malos desexos e purificados a cara coa agua do rocío. Saltamos o lume para pedir os bos desexos. Para rematar amenizamos con música, baile folclórico, risas e cantos. E agora os usuarios de gustarán o menú especial de San Xoán.

Centro de día de DODRO

En Dodro recollemos as herbas de San Xoán para lavar a cariña e espante todo o mal…

Centro de día de OUTES

Non podemos celebrar o San Xoán sen invocar as meigas e recitar o conxuro da queimada:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas;
demos, trasnos e diaños;
espíritos das neboadas veigas,
corvos, píntegas e meigas;
rabo ergueito de gato negro
e todos os feitizos das menciñeiras…

40
Se che gustou podes compartirlo en:

PROXECCIÓN “A POETA ANALFABETA”

Aparte

Proxección “A POETA ANALFABETA” dende o centro de día de Sansadurniño

O venres 10/06/2022 dende o centro de día de San Sadurniño acudimos á casa da cultura do propio concello de San Sadurniño, invitados por eles, para a visualización da proxección do documental “A poeta analfabeta” dirixida por Sonia Méndez de cósmica produción. Documental gañador dun dos premios Luisa Villalta no ano 2019, convocado pola deputación de A Coruña.

A poeta analfabeta e unha película documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos luz é testemuña viva das realidades mais duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre.

O relato do documental xira en torno ao seu retrato: a súa vida, a súa loita política pero tamén en torno a aquelo que Luz xera ao redor e que conforma o seu legado, porque para moita xente Luz é un referente, case unha icona.

Luz é unha muller brava, unha persoa profundamente política e un ser cunha humanidade excepcional. ¿como entende o mundo esta poeta que a pesar do temblor de mans escribe todos os días? ¿que a move a tal esforzo? ¿que a mantén viva?”

A proxección supuxo unha reflexión sobre as duras vivencias que tamén tiveron que ir superando cando eran mais novos moitas das persoas usuarias presentes en dito filme.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Tapeando dende o centro de día de Pantón

Aparte

Tapeando dende o centro de día de Pantón

O pasado día 15 parte das persoas usuarias do centro e das traballadoras fomos á feira de Ferreira para comer o polbo nunha das carpas.

As feiras representan para as persoas usuarias o lugar de encontro con veciños da comarca cos que non se ven acotío.

Ademais de facer algunhas mercas puidemos degustar este produto tan típico galego e que tan bo está.

4
Se che gustou podes compartirlo en: