Proxección “A POETA ANALFABETA” dende o centro de día de Sansadurniño
O venres 10/06/2022 dende o centro de día de San Sadurniño acudimos á casa da cultura do propio concello de San Sadurniño, invitados por eles, para a visualización da proxección do documental “A poeta analfabeta” dirixida por Sonia Méndez de cósmica produción. Documental gañador dun dos premios Luisa Villalta no ano 2019, convocado pola deputación de A Coruña.
“A poeta analfabeta e unha película documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos luz é testemuña viva das realidades mais duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre.
O relato do documental xira en torno ao seu retrato: a súa vida, a súa loita política pero tamén en torno a aquelo que Luz xera ao redor e que conforma o seu legado, porque para moita xente Luz é un referente, case unha icona.
Luz é unha muller brava, unha persoa profundamente política e un ser cunha humanidade excepcional. ¿como entende o mundo esta poeta que a pesar do temblor de mans escribe todos os días? ¿que a move a tal esforzo? ¿que a mantén viva?”
A proxección supuxo unha reflexión sobre as duras vivencias que tamén tiveron que ir superando cando eran mais novos moitas das persoas usuarias presentes en dito filme.
5