Un cafeliño en Begonte?
As saídas e actividades fóra do centro son un estímulo motivador para moitas persoas usuarias do centro, sobre todo despois da vivencia do confinamento a raíz da COVID e restricións derivadas desta experiencia. As relacións sociais con veciños, persoas do pobo normalizan o seu día a día sendo partícipes da vida social do pobo e membros da comunidade.
As persoas usuarias que desexan participar nesta actividade pasean acompañadas por dúas traballadoras do centro ata unha das cafeterías do pobo, achegada ao Centro de día. Unha vez alí cada persoa usuaria pide a consumición que desexa. Durante o café foméntase a comunicación e a charla distendida entre as persoas usuarias e con persoas do pobo e do bar.