Neste mes, entre outras cousas, celebramos o día das Letras Galegas coa visita do alumnado do IES Mendiño de Redondela.
Dende o centro propúxose esta actividade coa finalidade de traballar a identidade cultural e ensalzar a figura do escritor que se conmemora este ano, o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
Para realizar esta actividade interxeneracional contamos coa colaboración do alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato do IES Mendiño. Recitáronnos poemas en directo e outros puidemos desfrutalos en formato de curtametraxes. Sonche moi creativos esta rapazada!
Xa para rematar e tecendo lazos interxeneracionais, o alumnado coa axuda do persoal docente, interpretaron varias cancións tradicionais da cultura galega que animaron os nosos maiores a unirse a foliada.
Participamos moi gustosamente todas e todos, e sentímonos os verdadeiros protagonistas desta actividade musical tan senlleira.
Como podedes ver nos vídeos pasamos un moi bo día de festa!