Un cafeliño en Begonte?

Aparte

Un cafeliño en Begonte?

As saídas e actividades fóra do centro son un estímulo motivador para moitas persoas usuarias do centro, sobre todo despois da vivencia do confinamento a raíz da COVID e restricións derivadas desta experiencia. As relacións sociais con veciños, persoas do pobo normalizan o seu día a día sendo partícipes da vida social do pobo e membros da comunidade.

As persoas usuarias que desexan participar nesta actividade pasean acompañadas por dúas traballadoras do centro ata unha das cafeterías do pobo, achegada ao Centro de día. Unha vez alí cada persoa usuaria pide a consumición que desexa. Durante o café foméntase a comunicación e a charla distendida entre as persoas usuarias e con persoas do pobo e do bar.

42
Se che gustou podes compartirlo en:

Andaina dende o Centro de día de Cospeito

Aparte

Andaina dende o Centro de día de Cospeito

No ano 2019 comezamos coa iniciativa de conmemorar o día mundial do medio ambiente, que se celebra o 5 de xuño, coa organización dunha andaina aberta á comunidade dende o centro de día e percorrendo parte da senda da Lagoa de Cospeito, a cal forma parte da Rede Natura 2000, da reserva da biosfera, do LIC Parga-Ladra-Támoga e é un espazo protexido. Agora que a situación sanitaria no lo permite, retomamos esta iniciativa, e este martes 7 de xuño realizamos a andaina aproveitando o bo tempo.

Foi unha actividade compartida entre persoas usuarias, persoal do centro, familiares e veciños, a cal desfrutamos enormemente, posto que a nosa lagoa é un lugar que nos transmite moita paz e nos pon en contacto coa natureza.

Esperamos nos vindeiros anos seguir mantendo esta actividade e convertelo nunha tradición.

9
Se che gustou podes compartirlo en:

3 de xuño: Día mundial da bicileta

Aparte

3 DE XUÑO: Día mundial da bicicleta

Cando me doen as pernas, digo: ‘¡Calade, pernas! ¡Facede o que eu vos diga !” Jens Voigt

O pasado 27/05/2022 dende o centro de día de San Sadurniño puidemos gozar do percorrido da primeira etapa da “Volta ciclista á provincia de A Coruña” e, como non podía ser doutra maneira, decidimos celebrar por todo o alto o día mundial da bicicleta.

O día da bicicleta celébrase cada 03 de xuño coa finalidade de facer visible a importancia do uso deste medio de transporte ecolóxico, que naceu a mediados do século XIX en Alemania.

Para conmemorar esta data, decidimos preparar unha xornada de “pedaladas populares” entre as persoas usuarias. Trasladámonos á terraza do centro, onde as persoas usuarias convertéronse en verdadeiros ciclistas, pedaleando en intervalos de tempo, lucindo dorsais e gozando dos beneficios físicos e emocionais que aporta esta actividade. Inclusive con avituallamento incluído no maratón.

3
Se che gustou podes compartirlo en: