Obradoiro de Pintura dende o Centro de día de Abadín

Aparte

Obradoiro de Pintura

O pasado xoves día 25 de maio, acudimos ó salón de actos do concello de Abadín para realizar un obradoiro de pintura. O obradoiro consistía na realización duns cadros a través de pintura dactilar. Alí compartimos espazo con outra asociación de persoas maiores do concello. O obxectivo deste tipo de obradoiros son participar activamente con outras asociacións e co concello, activar a curiosidade cara novas contornas, disfrutar dun día distinto no exterior do centro e fóra das actividades habituais do centro de día e sobre todo potenciar a socialización das persoas usuarias entre eles e coa comunicade próxima.

0
Se che gustou podes compartirlo en: