VOLTA CICLISTA Á PROVINCIA DE A CORUÑA (27/05/2022): ETAPA 1

Aparte

VOLTA CICLISTA Á PROVINCIA DE A CORUÑA (27/05/2022): ETAPA 1

Aproveitando que o percorrido da primeira etapa da “Volta ciclista á provincia de A Coruña” pasou por diante do propio centro de día de San Sadurniño, decidiuse saír ao exterior coas persoas usuarias co fin de animar aos corredores e gozar deste evento.

Tratase dun espectáculo deportivo que regresou ás estradas coruñesas e á nosa vida social, tras estes anos de pandemia, e supuxo unha gran oportunidade para seguir recuperando de forma paulatina as relacións coa nosa contorna.

As persoas usuarias acolleron dita saída con ilusión e entusiasmo, a valoraron como moi positiva. Con esta actividade saíron á luz os beneficios que aporta o deporte en xeral na calidade de vida das persoas.

4
Se che gustou podes compartirlo en: