Concurso floral dende o CAPM de Arteixo
Arteixo recupera este ano a tradicional Festa das Flores paralizada nos últimos anos a causa da pandemia da COVID.
Este ano a festa volve a celebrarse na súa data habitual de celebración, o último fin de semana do mes de maio, sábado 28 e domingo 29.
Para festaxala dende o CAPM de Arteixo promove a realización do I Concurso Da Festa das Flores para conmemorar unha data tan sinalada no noso concello. Para iso, proponse a realización dun maio para que participen os centros da Rede de Centros do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, utilizando como temática as flores.
A continuación podedes ver as bases do concurso.
Animádevos a participar!!!
CONCURSO-FESTA-DAS-FLORES