Día Internacional dos Museos (18 de maio ) dende o Centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

Día Internacional dos Museos (18 de maio ) dende o Centro de día de Ferrol Caranza

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos (18 de maio ) e co obxectivo de concienciar ás persoas usuarias acerca da importancia dos museos como medio de intercambio cultural. Acudimos a visitar o museo de Semana Santa, xa que na nosa comarca ten moita importancia e sona a Semana Santa, que dende o ano 2014 ten a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.
O museo da Semana Santa, abría as súas portas o 1 de decembro de 2018, finalidade de coa ter presente a Semana Santa durante todo o ano máis alá das datas de celebración. O museo alberga os tronos, fotografías das diferentes confradías que participan na Semana Santa Ferrolá.
Trátase dunha actividade significativa, para as persoas usuarias do centro de día de Ferrol-Caranza, xa que moitos participaron nas procesións ó longo da súa vida.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Maio no concello de Abadín

Aparte

Maio no concello de Abadín

O pasado mércores 11 de maio celebramos os maios cunha actividade que se desenvolveu na casa consistorial. Para esta celebración acudimos ó concello de Abadín onde chegamos con todas as flores preparadas durante o obradoiro de manualidades para decorar a estrutura que conmemora a representación da chegada da primavera e despedida do inverno.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Obradoiro de Pintura dende o Centro de día de Abadín

Aparte

Obradoiro de Pintura

O pasado xoves día 25 de maio, acudimos ó salón de actos do concello de Abadín para realizar un obradoiro de pintura. O obradoiro consistía na realización duns cadros a través de pintura dactilar. Alí compartimos espazo con outra asociación de persoas maiores do concello. O obxectivo deste tipo de obradoiros son participar activamente con outras asociacións e co concello, activar a curiosidade cara novas contornas, disfrutar dun día distinto no exterior do centro e fóra das actividades habituais do centro de día e sobre todo potenciar a socialización das persoas usuarias entre eles e coa comunicade próxima.

0
Se che gustou podes compartirlo en: