Aprendizaxe solidario no Centro de día de Begonte. ARTE FLORAL

Aprendizaxe solidario no Centro de día de Begonte.

ARTE FLORAL

O proxecto de aprendizaxe solidaria nace coa finalidade de promover a aprendizaxe continuada ó longo do ciclo vital, impulsar a colaboración social e a integración na comunidade. Con estas sesións, contribúese a que o Centro se abra á comunidade para que teña lugar un intercambio xeracional de saberes e coñecementos.

Sesión 23 de Aprendizaxe Solidaria a cargo dunha florista Charo. Durante a sesión fixo uns centros para igrexa e outros para noivas/os amosando a arte floral e ensinándonos nomes de diferentes flores e características das mesmas. Fíxose un sorteo cos seis ramos/ centros de flores realizados durante a sesión e tamén fixo entrega de sete ramos de rosas para cada traballadora. Como troco solidario recibiu un agasallo artesanal( cadro a calceta) e unha caixa artesanal con bombóns. Tamén deixou escrito algo no libro de firmas de Aprendizaxe solidaria.

Os usuarios valoran moi positivamente as visitas de persoas externas ao centro que acoden de maneira altruísta dentro do noso proxecto e gústalles o troco solidario. Quedaron encantadas da sesión de floraría (participaron 15 persoas usuarias) o transmitiron verbalmente e mediante aplausos e para despedir a invitada cantamos a modo de agradecemento ademais dos agasallos artesanais.

43
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.