Día Internacional dos Museos (18 de maio ) dende o Centro de día de Ferrol Caranza

Día Internacional dos Museos (18 de maio ) dende o Centro de día de Ferrol Caranza

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos (18 de maio ) e co obxectivo de concienciar ás persoas usuarias acerca da importancia dos museos como medio de intercambio cultural. Acudimos a visitar o museo de Semana Santa, xa que na nosa comarca ten moita importancia e sona a Semana Santa, que dende o ano 2014 ten a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional.
O museo da Semana Santa, abría as súas portas o 1 de decembro de 2018, finalidade de coa ter presente a Semana Santa durante todo o ano máis alá das datas de celebración. O museo alberga os tronos, fotografías das diferentes confradías que participan na Semana Santa Ferrolá.
Trátase dunha actividade significativa, para as persoas usuarias do centro de día de Ferrol-Caranza, xa que moitos participaron nas procesións ó longo da súa vida.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.