Tecendo a historia de vida: Justo e Dna Raimunda, dende o CAPM de Redondela

Como é habitual, o primeiro domingo de maio celébrase o día da nai.

Nai, nun contexto biolóxico, denominase a unha muller que ten descendencia. Esta definición toma maior importancia cando se lle engade o contexto cultural da sociedade, xa que constitúe un elemento na crianza dos individuos.

Ademais tamén vai ligado a adxectivos tales como loitadora, cariñosa, entregada, forte e que coida dos seus fillos ao longo da súa vida. Transmisora de valores, hábitos e rutinas dende o comezo da crianza.

No centro de Redondela temos unha casuística especial xa que a persoa usuaria Justo Hernández conserva aínda con vida a súa nai, Dona Raimunda, que reside en Madrid con outra filla.

Eles son un claro exemplo de que con apoio do persoal do centro e da irmá de Justo, non hai barreira tecnolóxica nin distancia que os separe.

Esta actividade resultou moi emotiva tanto para Justo como para Dona Raimunda, xa que a pesar da distancia e do tempo que pasan sen verse fan que se sintan cerca o un do outro.

Creemos que este tipo de actuacións axudan a colaborar para que Dona Raimunda sexa unha peza clave e fundamental no plan de atención familiar de Justo, que reforzan os lazos coas persoas significativas e que nos permiten coñecer aspectos da súa historia de vida conxunta.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.