Celebración “dos maios” no CAPM de Vigo Valadares

Seguindo coas tradicións galegas temos a famosa festa dos Maios. Esta festividade de orixe prerromano rende homenaxe á chegada da primavera e enche de cor as rúas de moitas localidades galegas. Neste día creanse chamativas estruturas decoradas con elementos do entorno; como froitos, flores e ovos.

Conmemorando este día, dende o CAPM de Vigo – Valadares organizamos unha actividade cultural na que interviron o centro Cultural de Valadares coa participación do alumnado, profesorado e pais do CEIP Monte do Alba. O vínculo con todos eles/as é moi forte xa que é habitual que festexemos xuntos diferentes datas significativas do ano (día da amizade, do libro, da muller…). A actividade realizouse o 6 de maio pero previamente tivemos que realizar o noso maio, axudar ao alumnado a facer o seu e preparar as coplas para festexar este día.

Érguete maio

que tanto durmiches

Xa pasou o burro

E ti non o viches

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.