“Imaginarium Primaveral” dende o CAPM de Arteixo

O contacto coa comunidade é imprescindible, e por mor do Covid esta normalidade viuse afectada. Aínda así, dende o Centro Residencial e de día de Arteixo tentamos manternos activos coa sociedade e por iso realizamos esta actividade para os nenos e nenas da Galiña Azul de Arteixo. Tomamos como elemento de partida o espazo sensorial que tiñamos previsto para desenrolar primeiramente esta actividade pero que modificamos por mor de evitar riscos xuntando ás persoas maiores cos pequenos que aínda non están vacinados contra a COVID19. Así, as persoas usuarias do centro realizaron varios instrumentos musicais con material de refugallo para agasallarlle ó alumnado da Escola Infantil co que poderán traballar tanto o sentido do oído a través dos sons que producen os instrumentos como o da vista coas cores vistosas dos mesmos. Valoramos a actividade como moi positiva e da que a Escola Infantil amosou a súa gratitude. Os elementos foron elaborados ó longo do mes de abril e principios de Maio.

Que ben senta realizar actividades significativas e seguir participando nas actividades da nosa contorna!!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.