MANDALAS PARA CELEBRAR A PRIMAVERA

Aparte

Mandalas para celebrar a primaveira dende o Centro de día de Cospeito

Agora que entramos nunha nova estación, decidimos darlle un toque de cor ao centro para ir acorde á época do ano na que nos atopamos.

Nas sesións de laborterapia elaboramos uns mandalas moi coloridos. No seu proceso de creación, a parte de divertirnos e aprender, traballamos a destreza manipulativa e a creatividade, posto que cada persoa usuaria escolleu o estilo e as cores que desexaba empregar.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Faladoiro sobre o dano cerebral adquirido no centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

Faladoiro sobre o dano cerebral adquirido no centro de día de Ferrol Caranza

A federación galega de dano cerebral (FEGADACE) realizou unha charla no centro de día de Ferrol- Caranza o pasado 29 de marzo ás 16:00 horas dirixida ás persoas usuarias e ás súas familias. Informáronnos sobre: as diferentes causas do dano cerebral adquirido ( ictus, accidentes de tráfico, anoxia etc), consellos de prevención, o modelo de atención e prevención.

Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información é a sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

Na actividade formativa Dona Carla Miranda Iglesias traballadora social de FEGADACE explicou as principais causas do dano cerebral facendo fincapé no ictus (que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), tamén falou sobre o modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso.

As persoas usuarias e as familias estiveron participativas facendo diferentes preguntas a formadora. Unha charla moi interesante e clarificadora.

3
Se che gustou podes compartirlo en: