Conto: “Lucía e a súa boneca Lola” dende o Centro Residencial e de día de Arteixo

Aparte

Conto: “Lucía e a súa boneca Lola” dende o Centro Residencial e de día de Arteixo

Dentro do proxecto interxeracional “Xuntos máis fortes” que o Centro Residencial e de día de Arteixo levan a cabo coa Galiña azul desarrollouse unha actividade para conmemorar o día do libro (23 de abril), que se celebra no mes de Abril. As persoas usuarias traballaron arduamente para crear a boneca “Lola” nos tempos de costura. Despois, no Consello de sabios coñecido como o “Heliea” desarrollaron un conto a través da súa creatividade e imaxinación destinado aos máis pequenos. Lucia é unha nena que pasa moito tempo coa súa avoa, e que tras perder a sua boneca favorita, crea a través de teares que tiñan na casa unha boneca de trapo chamada Lola. A través do conto as persoas usuarias querían destacar a importancia da historia de vida, xa que avoa de Lucia fora costureira e a importancia das actividades significativas e con proposito.

Tamén non podemos esquecer a importancia da relación entre Lucia e a súa avoa, como reflexo da relevancia que os proxectos interxeracionais teñen para as persoas usuarias. Foi unha actividade moi gratificante, que debido a situación do COVID-19 as persoas usuarias non poden ir a lerlles eles mesmos o conto, que era a idea principal. Aínda con estes cambios a nova situación, as persoas usuarias seguen propoñendo e adaptando actividades para manter o vinculo cos máis pequenos da comunidade.

3
Se che gustou podes compartirlo en: