Encontro interxeneracional no Centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

Encontro interxeneracional no Centro de día de Ferrol Caranza

O pasado venres 11 de marzo no centro de día Ferrol-Caranza tivo lugar un encontro interxeneracional cos alumnos do ciclo superior:” Ensinanza e animación sociodeportiva” do instituto Rodolfo Ucha. A profesora Dona Dulce Díaz da disciplina: “Actividades físicodeportivas para a inclusión social” acudiu acompañada de varios alumnos para dinamizar e realizar unha clase de xerontoximnasia e actividades físicas coas persoas usuarias do centro de día.
Na actualidade, dada a expansión da esperanza de vida, debemos apostar por un estilo de vida saudable, promovendo un envellecemento activo. No contexto xerontolóxico, a práctica da xerontoximnasia non só se percibe necesaria para manterse en forma fisicamente, os seus beneficios van máis alá do benestar físico. Grazas a ela, as personas usuarias melloran a súa saúde mental e emocional. E poden conservar por máis tempo a autonomía persoal.

10
Se che gustou podes compartirlo en:

Participación do centro de Ferrol Caranza no taller “Música sen enrugas”

Aparte

Participación do centro de Ferrol Caranza no taller “Música sen enrugas”

A música é unha das artes máis sociais de aí a súa importancia terapéutica, ao ser esta área, unha das máis afectadas ao longo do proceso de envellecemento. A música pode ser un elemento de axuda para as persoas maiores e a realización de programas axeitados pode reportar beneficios importantes de estimulación sensorial e cognitiva, socialización, expresión e, en definitiva, da calidade de vida da persoa.

A musicoterapia consiste no uso da música e os seus elementos (ritmo, melodía, harmonía, timbre…) con finalidades terapéuticas, favorecendo a comunicación, mellorando a autoestima e o estado de ánimo, incentivando o movemento, a expresión, a creatividade…

O Concello de Ferrol, dentro dos seu programa de actividades para o envellecemento activo realizou un taller de musicoterapia para persoas maiores de 65 anos: “Música sen enrugas” . Con unha duración de catro sesións, que se desenrolaron semanalmente; os martes 8, 15, 22 e 29 de marzo en horario de 12:00-13:30 horas no centro cívico de Caranza. O proxecto busca potenciar o mantemento das capacidades cognitivas, emocionais e físicas fomentando a socialización.

12
Se che gustou podes compartirlo en:

O día do AMOR no centro de día de Begonte

Aparte

O día do AMOR no centro de día de Begonte

No centro de día de celebramos este día nun amplo sentido da palabra realzando as relacións positivas entre persoas usuarias e traballadoras mediante dinámicas grupais e música en directo a cargo dos artistas locais Adrián Vigo e David Taboada.

A celebración foi un éxito cunha participación moi activa por parte das persoas usuarias: bailando, cantando, aplaudindo… A música é un estímulo moi terapéutico para a maioría deles potenciando lembranzas do pasado e como nexo de unión entre eles e o grupo musical. Houbo unha interacción entre eles en todo momento creando un clima distendido e moi acolledor para todos.

Finalmente tomamos uns pinchos todos xuntos!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

No CAPM de Boiro participamos no programa “TERCEIROS EN IDADE, PRIMEIROS EN RECICLAR”

Aparte

No CAPM de Boiro participamos no programa “TERCEIROS EN IDADE, PRIMEIROS EN RECICLAR”

A Xunta de Galicia e Ecoembes, levan a cabo o programa “Terceiros en idade, primeiros en reciclar” co obxectivo de achegar a reciclaxe aos centros de maiores. Persoal técnico de Ecoembes acudiron ao CAPM de Boiro para impartir unha formación en reciclaxe para as traballadoras e as persoas usuarias do centro e facernos partícipes do coidado do medioambiente a través da correcta separación dos residuos.

Á súa chegada, proporcionaron cubos e papeleiras para a recollida selectiva de envases lixeiros de plásticos, latas e bricks (contedor amarelo) e de papel e cartón (contedor azul), así como carteis explicativos para distribuír nas estancias do centro.

Para maior aprendizaxe realizaron unha actividade coas persoas usuarias, consistente nun bingo sobre a reciclaxe, que lles resultou moi interesante e serviu para aclarar dúbidas dunha forma amena e distendida.

Con esta formación reforzaremos o compromiso do equipo de traballo e as persoas usuarias do CAPM de Boiro co coidado do medioambiente!

4
Se che gustou podes compartirlo en: