No CAPM de Boiro participamos no programa “TERCEIROS EN IDADE, PRIMEIROS EN RECICLAR”

No CAPM de Boiro participamos no programa “TERCEIROS EN IDADE, PRIMEIROS EN RECICLAR”

A Xunta de Galicia e Ecoembes, levan a cabo o programa “Terceiros en idade, primeiros en reciclar” co obxectivo de achegar a reciclaxe aos centros de maiores. Persoal técnico de Ecoembes acudiron ao CAPM de Boiro para impartir unha formación en reciclaxe para as traballadoras e as persoas usuarias do centro e facernos partícipes do coidado do medioambiente a través da correcta separación dos residuos.

Á súa chegada, proporcionaron cubos e papeleiras para a recollida selectiva de envases lixeiros de plásticos, latas e bricks (contedor amarelo) e de papel e cartón (contedor azul), así como carteis explicativos para distribuír nas estancias do centro.

Para maior aprendizaxe realizaron unha actividade coas persoas usuarias, consistente nun bingo sobre a reciclaxe, que lles resultou moi interesante e serviu para aclarar dúbidas dunha forma amena e distendida.

Con esta formación reforzaremos o compromiso do equipo de traballo e as persoas usuarias do CAPM de Boiro co coidado do medioambiente!

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*