Obra teatral no centro de día de Dodro
Este Entroido 2022 usuarias e traballadoras representamos a obra teatral “Somos galegas na lúa”. En varios obradoiros, as persoas usuarias botaron a voar a súa imaxinación e respondéronse ás preguntas: ¿como é a lúa?, ¿que aspecto terá un extraterrestre?, ¿que acontecementos poderían xurdir se viaxásemos á lúa? A partir de aí, fixemos o deseño do vestiario, escenografía e escribimos o guión. Tras varios días de ensaios , o elenco de actrices representou a obra para o resto de compañeiras/os e traballadoras o Martes de Entroido, coa gran ausencia de familiares. A obra, con ton cómico, faille un chico a grandes fitos relacionados coa historia espacial e a personaxes e películas icónicas que teñen como temática o espazo ou a vida extraterrestre ( Alien, ET, Star Trek, A guerra das galaxias, etc.). Animamos á xente a participar na marabillosa vida teatreira que tantas alegrías e momentos inesquecibles nos dá.