CONCURSO ARTELIXO

Aparte

CONCURSO ARTELIXO

Dende o CAPM de Redondela queremos convidarvos a participar na actividade do Artelixo. Este é un movemento que nace no ano 1995 en Redondela, como protesta a un vertedoiro de lixo situado preto da feira do gando, no centro da vila. Continuou coa súa actividade reivindicativa até o ano 1999. Xa en 2012, retoman o certame recuperando o espírito reivindicativo que deu vida ao evento nos anos 90 para loitar contra os problemas actuais: lixo político, económico e social.

¿En que consiste a actividade?

A actividade consiste en converter o material de refugallo en arte, sendo este un pretexto para reflexionar sobre a saúde do medio ambiente, para denunciar o exceso de vertidos e animar a necesidade imperiosa de reinventar o que tiramos e darlle unha nova vida.

Para elo propóñemevos participar cunha obra por centro co formato que queirades tipo maqueta, escultura ou calquera outro elemento de decoración. A única obriga e elaborala con material de refugallo: botellas, tapas, madeira… Cada centro participará cunha única obra que amose algo significativo do lugar/contorna onde se erixe (algunha tradición, festividade gastronómica, monumento…).

Data:

A data límite para enviar as fotografías das obras é o 26/04/2022 o seguinte correo electrónico: centroredondela.ts@amainaesaude.com

Premio:

A obra máis votada polas persoas usuarias do CAPM de Redondela, que elixiran o xoves 28/04/2022, levara un premio realizado dende o centro.

Animádevos a participar!!!

3
Se che gustou podes compartirlo en: