Celebración do día dos bosques no centro de día de Ferrol Caranza

No ano 2012, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 21 de marzo como Día Internacional dos Bosques. Mediante a súa celebración rindese homenaxe a importancia de tódolos tipos de bosques e inténtase xerar conciencia ao respecto.


Con esta actividade preténdese concienciar ás persoas usuarias do centro de día Ferrol-Caranza sobre a importancia de conservar o medio ambiente, ademais de mellorar e ampliar as zonas verdes e así embelecer o patio interior do centro. Amais nesta ocasión prantouse unha maceira que desexamos que axiña nos dé mazás. Dedicarémonos a coidar moito a nosa maciñeira e poder ensinarvos os froitos.


Trátase dunha actividade significativa para as persoas usuarias do centro de día de Ferrol- Caranza, xa que moitos desenrolaron o rol de traballadores do campo ó longo da súa vida.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.