Actividade interxeneracional no centro de día de Cospeito

O martes 26 de abril acudiron os nenos do CEIP de Muimenta para representar para todas as persoas usuarias do centro de día de Cospeito unha obra teatral, adaptación do libro “Quen pode vencer o vento?”, para conmemorar o día do libro, que se celebra o 23 de abril.

Tratouse dunha xornada moi divertida e entretida, na cal os nenos e nenas deron o mellor de si para transmitirlles a historia aos nosos usuarios. Incluso trouxeron acompañamento musical!

Ao rematar, fíxoselle entrega a cada neno dun marcapáxinas elaborado polas persoas usuarias do centro, indo este agasallo acorde coa temática que nos ocupa.

Foi unha mañá moi entretida e amena, na cal creamos lazos con outro colexio da comunidade. Esperamos poder repetir axiña esta xuntanza!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.