Visita protectora de animais no Centro de día de Abadín
O pasado venres, 24 de Novembro, tivemos no centro unha visita das máis especiais que recibimos nestes preto de 15 anos de andaina. Así desfrutamos da compañía de dous preciosos gatos e tres agarimosos cans que participaron na charla impartida por Elena, membro da protectora de animais e plantas de Lugo, que nos explicou que é e como funciona a protectora.
Xuntos, animais e humanos conseguimos un ambiente moi cálido, nos que gozamos e nos divertimos mutuamente.
Agardamos poder repetir tan grata experiencia o máis pronto posible!
![](https://ocentrodedianacasa.igualdadebenestar.org/wp-content/uploads/2023/11/IMG-20231124-WA0104-1024x576.jpg)