O programa “Pedalear e conversar” consiste en pasear as persoas maiores con mobilidade reducida nun triciclo que é impulsado a pedais por un voluntario, que previamente realizou un curso de formación. Mediante paseos nun triciclo eléctrico adaptado, este proxecto reivindica nunha forma sostible de vivir nas cidades creando novas relacións entre voluntarios e persoas usuarias. Rompendo as barreiras interxeracionais para compartir historias entre eles.
O Centro de Día de Culleredo está a participar no programa “Pedalear e conversar”, ao que asistiremos unha vez ao mes.
¡Non queremos que ninguén se quede sen desfrutalo! Por iso temos xa reservados todos os primeiros xoves do mes, e faremos quendas para participar todos e todas as que así o desexen.
A primeira sesión foi fantástica. Visitamos parte da cidade de A Coruña, parando en lugares emblemáticos e desfrutando dunhas vistas fantásticas de lugares aos cales facía moitos anos que non vían.
6