Visita de concerto dende o centro de día de Ferrol Caranza

O pasado 23 de novembro, un grupo de persoas usuarias do centro de día de Ferrol-Caranza acompañadas de tres traballadoras do centro, acudiron ao concerto que a Banda do Tercio Norte de Infantería realizou no salón de actos do colexio Lestonnac de Caranza para festexar o 50 aniversario do centro educativo.

A agrupación musical Banda do Tercio Norte de Infantería conta con máis de 150 anos de historia. A banda interpretou diferentes pezas musicais sobranceiras para o desfrute de todos os asistentes.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.