Samaín no centro de día de Cospeito

No centro de día de Cospeito estivemos durante o mes de outubro preparándonos para festexar o Samaín por todo o alto. Pasamos o mes creando decoración para ter as instalacións do centro engalanadas acorde á ocasión: Cabazas, bruxas, arañas, pantasmas… de todo!

Ademais, a finais de mes recibimos a visita do alumnado de 3º de EP do CPI Virxe do Monte, xunto aos que pasamos unha mañá moi entretida creando as últimas decoracións e mesmo un photocall no que rematamos a xornada sacando fotos para o recordo.

Para rematar, o día 30 achegámonos ao colexio para ver a exposición de Samaín que elaborou todo o alumnado coa colaboración das familias. Na visita que nos fixeron xa nos avisaran de que lles quedara moi ben, pero a pesar de estar previdos levámonos unha gran sorpresa! Crearon todos os monstros que vos poidades imaxinar con nada máis e nada menos que espigas de millo! Zombies, arañas, meigas… definitivamente son todos uns grandes artistas.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.