Petisqueo no centro de día de Cospeito
Este mes de outubro tivemos en Cospeito un foodtruck da campaña “Galicia sabe amar” da Xunta de Galicia, polo que decidimos aproveitar e achegarnos a degustar as receitas que elaboraron. Puidemos probar petiscos de humus de fabas de Lourenzá e mexillón á carbonara, croquetas de chopo e ventrecha de bonito sobre pan de gamba. Estaba todo riquísimo! Quedamos encantados, definitivamente é unha iniciativa moi interesante que achega a todos novos sabores.