Visita a Casa do Mel dende o centro de día de Ferrol Caranza

Visita a Casa do Mel dende o centro de día de Ferrol Caranza

O 16 de outubro de 2023, once persoas usuarias do centro de día de Ferrol-Caranza participaron nunha saída a ” Casa do mel” de Goente, onde Manuel, integrante da asociación, deu unha breve explicación sobre a elaboración do mel, contou moitas curiosidades sobre as abellas e a apicultora. Tamén se realizou un obradoiro de cera; no que se elaborou e decorou unha vela feita con cera de abella e por último unha degustación de diferentes tipos de mel. Unha xornada moi entretida e divertida

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.