O RURAL DE ABADÍN EN MOVEMENTO

O RURAL DE ABADÍN EN MOVEMENTO

O pasado mércores 25 de Outubro participamos nunha actividade organizada pola Concellería de Benestar Social no concello de Abadín, xunto co grupo de ximnasia do colexio de Moncelos. O obradoiro estivo composto por varias actividades consistentes na estimulación da psicomotricidade, para o que utilizamos o paracaídas, a estimulación sensorial táctil, olfactiva e visual e un conxunto de coreografías para estimular a coordinación e o movemento.

Que ben o pasamos compartindo esta xornada lúdica e festiva coas outras asociacións do Concello!!!

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.