Saída ao porto de Mugardos

O 29 de agosto de 2023, cinco persoas usuarias do centro de día de Ferrol-Caranza, acompañadas de dúas traballadoras participaron na saída ao porto de Mugardos.

A actividade tivo unha duración de dúas horas, ás 11:30 horas dende o centro de día un autobús levou aos participantes ata o porto de Mugardos para dar un paseo polo porto para despois recuperar folgos e tomar un pequeno piscolabis.

As saídas sociocomunitarias, buscan promover unha vida activa nas persoas usuarias, así como a súa mobilidade e integración na sociedade. Este é un aspecto integral e esencial nas persoas, sexa cal sexa a súa idade, pero ademais, cobra maior importancia cando as persoas sofren de problemas de mobilidade ou outros, que fan que no seu día a día se vexan reducidos as saídas pola Comarca. Polo que dende o centro de día de Ferrol- Caranza queremos axudar a que as persoas usuarias continúen desfrutando do exterior, variando as súas rutinas cotiás.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.