O pasado 20 de Setembro o Concello de Abadín organizou a primeira andaina do Camiño de Santiago que partía desde a Igrexa de San Cosme de Galgao ata a praza de Gontán, cun traxecto de 5 km de extensión. Como 5 km facíasenos moito, decidimos partir desde a fonte dos Titos en Quende e andivemos un traxecto dun kilómetro e medio.
Foi unha experiencia moi agradable xa que compartimos o camiño con outros peregrinos e puidemos disfrutar da maravillosa paisaxe.
Ao finalizar a andaina, o concello agasallaou aos participantes cun diploma conmemorativo e un suculento aperitivo.
Agardamos poder repetir a experiencia o próximo ano.
