Obradoiro de cociña polo día internacional do chocolate

O pasado 13 de setembro festexouse o día internacional do chocolate, e como no centro de día de Cospeito gústannos moito os doces, decidimos realizar un taller de cociña para conmemorar unha data tan importante.

Posto que somos moitas persoas, realizamos dous talleres, un o 15 de setembro e outro o 19. Cada grupo preparou, coa axuda do persoal, uns brownies de chocolate que quedaron boísimos!

Desfrutamos moito desta actividade, tanto durante a elaboración do doce como, sobre todo, coméndoo! Foi unha merenda riquísima, que ademais sabía moito mellor ao ser algo que preparamos coas nosas propias mans.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.