CAPM Culleredo: Visitamos a feira de Betanzos

Dende o CD Culleredo non facemos máis que intentar cumprir os desexos das nosas persoas usuarias. Eran varias as persoas usuarias que amosaron o seu interese de visitala despois de moitos anos que levaban sen ir e … como non podía ser doutra maneira …

¡Desfrutamos por fín dunha xornada de feira Betanceira!

O tempo deunos unha tregua para poder visitar diferentes postos, e cada quen comprou o que precisaba ou, en tal caso, o que se lle antollaba … Foi o caso dos churros, que non perdoan😅

Aproveitamos a mañá para tomar algo por ali desfrutando do ambiente de feira que tanto nos gustou.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.