VISITA Á MOSTRA SOBRE O TRAXE FESTIVO DA MULLER

Aparte

VISITA Á MOSTRA SOBRE O TRAXE FESTIVO DA MULLER

Ás nosas persoas usuarias gustoulles en especial polas reminiscencias que provoca neles ver as fotos, tecidos, complementos e elementos decorativos xa que permite que fagan un recordatorio de como foi a súa xuventude.

O pasado xoves 25 de agosto, as persoas usuarias do CAPM de Abadín desfrutamos da asistencia á mostra sobre o traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo, organizada polo colectivo Traxandaina e o Grupo el Progreso, situada no salón de actos da casa consistorial de Abadín. A exposición itinerante, que se enmarca dentro dos actos do Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia, chegou a terras chairegas despois de facer escala en Triacastela e en Palas de Rei, onde acadou unha moi boa acollida por parte dos visitantes.

Ás nosas persoas usuarias gustoulles en especial polas reminiscencias que provoca neles ver as fotos, tecidos, complementos e elementos decorativos xa que permite que fagan un recordatorio de como foi a súa xuventude.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Festas de Vilalba

Aparte

Festas de Vilalba

As festas de Vilalba volveron con forza e non faltou unha xornada adicada ás persoas maiores. O pasado mércores 24 de agosto as persoas usuarias do CAPM de Abadín acudimos á mitica xira da terceira idade dentro do programa das festas do San Ramón, que congrega a milleiros de persoas de todos os puntos de Galicia.

A mediodía desfrutamos da actuación da Charanga de Vilalba despois fomos á sesión vermú e logo merendamos na área recreativa da Magdalena.

Entusiasmoulles moito a saída, bailaron, interactuaron co entorno e co resto de asistentes e manifestaron o seu agrado e agradecemento a todo o persoal.

VIVAN AS FESTAS DE VILALBA!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Festa en Abadín

Aparte

Festa en Abadín

O pasado martes 31 de agosto démoslle a benvida as festas de San Ramón e Santa María cunha festa donde non faltou o baile e a música chea de pasodobles, merengues, cumbias, etc.

As festas locais son unha data moi motivadora e significativa para todos eles. Previamente a celebración da mesma envousee unha invitación a todos eles e ao persoas traballador donde se di que o día 31 de agosto organizarase unha festa na honra dos santos mencionados anteriormente.

Sen dúbida, foi todo un éxito e todos eles coincidiron en que este tipo de actividades son as que máis lles gustan. Para o ano máis e mellor!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

“GALICIADOR”

Aparte

“GALICIADOR”

O Centro de dia de Baiona promoviu un concurso para a rede de centros e nos quixemos participar, mostrando a nosa comunidade e todo o que a mesma nos aporta. Para así poder amosarlles as persoas de outros centros onde é que vivimos, e que sorte poder vivir aquí, tan pretiño do mar!

A través da oficina de turismo e fotos que distintos traballadores tiñan da contorna elaboramos un precioso video para animarvos a que veñades conocer o noso pobo. Dando a coñecer a nosa cultura, as nosas festas e o noso entorno e achegarvos así a un anaquiño de nós.

E aínda tivemos sorte, que gañamos o premio ao mellor guión!

0
Se che gustou podes compartirlo en: