Festas de Vilalba

Festas de Vilalba

As festas de Vilalba volveron con forza e non faltou unha xornada adicada ás persoas maiores. O pasado mércores 24 de agosto as persoas usuarias do CAPM de Abadín acudimos á mitica xira da terceira idade dentro do programa das festas do San Ramón, que congrega a milleiros de persoas de todos os puntos de Galicia.

A mediodía desfrutamos da actuación da Charanga de Vilalba despois fomos á sesión vermú e logo merendamos na área recreativa da Magdalena.

Entusiasmoulles moito a saída, bailaron, interactuaron co entorno e co resto de asistentes e manifestaron o seu agrado e agradecemento a todo o persoal.

VIVAN AS FESTAS DE VILALBA!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.