VISITA Á MOSTRA SOBRE O TRAXE FESTIVO DA MULLER

VISITA Á MOSTRA SOBRE O TRAXE FESTIVO DA MULLER

Ás nosas persoas usuarias gustoulles en especial polas reminiscencias que provoca neles ver as fotos, tecidos, complementos e elementos decorativos xa que permite que fagan un recordatorio de como foi a súa xuventude.

O pasado xoves 25 de agosto, as persoas usuarias do CAPM de Abadín desfrutamos da asistencia á mostra sobre o traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo, organizada polo colectivo Traxandaina e o Grupo el Progreso, situada no salón de actos da casa consistorial de Abadín. A exposición itinerante, que se enmarca dentro dos actos do Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia, chegou a terras chairegas despois de facer escala en Triacastela e en Palas de Rei, onde acadou unha moi boa acollida por parte dos visitantes.

Ás nosas persoas usuarias gustoulles en especial polas reminiscencias que provoca neles ver as fotos, tecidos, complementos e elementos decorativos xa que permite que fagan un recordatorio de como foi a súa xuventude.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.